Navegación de clase estándar Gen5W
REFERENCIA

Precaucións de seguridade

Indicacións usadas neste manual do usuario

O raio cunha punta de frecha dentro dun triángulo equilátero serve para avisar o usuario da presenza de voltaxe perigosa sen illar dentro da carcasa do produto dunha magnitude que podería ser suficiente para constituír un risco de descarga eléctrica.

O signo de exclamación dentro dun triángulo equilátero serve para avisar o usuario da presenza de instrucións de mantemento e funcionamento importantes na documentación que acompaña o produto.

Conduza sempre o vehículo de xeito seguro. Non se deixe distraer mentres conduza e estea sempre atento ás condicións do tráfico. Non cambie a configuración nin as funcións. Deteña o vehículo de xeito legal e seguro antes de realizar estas operacións. Para mellorar a seguridade, hai funcións que só se poden realizar co freo de man posto.

Para reducir o risco de descarga eléctrica, non retire a tapa nin a parte posterior deste produto. Non hai pezas de interese para o usuario no interior. Deixe que unha persoa cualificada se ocupe dos traballos de mantemento.

Para reducir o risco de incendio ou descarga eléctrica, non deixe que o produto estea exposto á acción da auga, choiva ou humidade.

Mentres conduce, asegúrese de que o nivel de volume da unidade é o suficientemente baixo como para que poida escoitar os sons do exterior.

Non deixe que caia e evite que sufra impactos fortes.

O condutor non debe mirar o monitor mentres conduce. Mirar o monitor mentres se está conducindo pode derivar en despistes coa súa consecuente posibilidade de accidente.

ADVERTENCIA:
  • Non use o teléfono móbil mentres conduce. Para usar o teléfono móbil, deteña o vehículo nunha zona segura.

  • O uso do navegador non exime o condutor das súas responsabilidades. Cómpre respectar as normas de circulación. Cómpre prestar atención sempre ao tráfico.

  • No caso de que se contradigan, as normas de circulación e a situación do tráfico sempre prevalecen sobre as indicacións que proporcione o sistema de navegación.

  • Por motivos de seguridade na estrada, use o sistema de navegación unicamente antes de comezar un traxecto ou co vehículo estacionado.

  • En determinadas zonas, rúas de sentido único, zonas nas que está prohibido saír da estrada e zonas de entrada restrinxida (por exemplo, zonas peonís) o sistema de navegación emitirá un aviso. Preste especial atención a este tipo de casos.

  • O sistema de navegación non ten en conta a seguridade relativa das rutas suxeridas: estradas bloqueadas, obras, restricións de altura ou largura, condicións do tráfico ou da meteoroloxía que afecten a seguridade na ruta ou ao tempo de duración do traxecto non se teñen en consideración nas rutas suxeridas. Actúe por conta propia ao decidir a viabilidade das rutas suxeridas.

  • Os límites de velocidade indicados nas estradas prevalecen sobre os límites de velocidade gardados nos datos. É imposible ter a certeza absoluta de que os límites de velocidade gardados nos datos do sistema de navegación coincidan sempre cos límites indicados nas estradas.

  • Non confíe exclusivamente no sistema de navegación se está na procura dun servizo de emerxencias (hospitais, bombeiros, etc.). Non existe garantía de que na base de datos estean gardados todos os servizos de emerxencias da zona. Déalle prioridade aos seus coñecementos e destrezas para atopar axuda neses casos.

ATENCIÓN:
  • Non deixe en funcionamento o sistema de navegación co motor apagado. Facelo podería provocar que a batería do vehículo se descargue. Teña sempre o motor acendido cando use o sistema de navegación.

  • Nunca desmonte ou modifique este dispositivo. Facelo podería provocar accidentes, incendios ou descargas eléctricas.

  • Nalgunhas provincias ou estados, a lexislación vixente podería incluír limitacións no uso de pantallas de vídeo durante a condución. Use o sistema só cando sexa legal facelo.